Saturday 18 de May de 2024

Regresa a Policía Infantil de Riveira na súa 21ª promoción con 5 novas incorporacións


A 21ª promoción da Policía Infantil de Riveira quedou oficialmente constitúida tras a entrega das súas credenciais ás 5 novas incorporacións rexistradas este verán e que elevan ata os 26 (23 axentes e 3 monitores) o seu número de membros, procedentes non só do noso concello senón tamén do veciño da Pobra, que conta con tres integrantes.

O salón de plenos do Consistorio serviu unha vez máis como acto de presentación deste singular corpo de policía baixo a presenza do alcalde Manuel Ruiz, da concelleira de Cultura Fabiola García, do encargado deste grupo, o cabo José Andrés Alonso e de moitos pais, nais e familiares que non se quixeron perder este momento. Dende este sábado mesmo a sociedade do municipio será máis conscientes da presenza do corpo coa súa participación na procesión do Carme en Aguiño coincidindo coas súas festas de verán.

Despois da entrega de credencias, numerosos veciños puideron asistir á demostración realizada na Casa do Concello.

Os novos axentes son Paula Barreiro Losada, Paula Lijó Fernández, Alba González Arestín, Miguel Tubío Tarrío e Carlota Pouso Santos. Repiten Celiba Blanco Pérez, Rubén Martínez López, Alba Pena Blanco, Iván Dios Oujo, Beatriz Romano Gude, Irene Parada Lustres, Lucía Torres Paz, Dominik Baptista Quintela, Brais Abraldes Prol, Cristian Dios Oujo, Lara González Rey, Ana María Ben Miniño, Kamal Chhain, Álex Lages Brión, Anxo Pena Blanco e María Elena Hermida Zapata.

Os monitores son Jenni Tesón Pérez, Janire Suárez Rodríguez e Suliman Chhain.